Pasar al contenido principal

Informática básica

Coordinador da USC: Rafael Villar Suárez

Introdución

Coñecementos básicos de informática: sistemas operativos, utilidades, elementos dun ordenador…; e de internet: navegadores, clientes de correo electrónico, a nube, redes sociais; e ferramentas ofimáticas

Obxectivos

  • Adquirir os coñecementos básicos do sofware dun ordenador
  • Coñecer os distintos dispositivos de entrada e saída dun sistema informatizo.
  • Utilizar as redes de información: internet, correo electrónico, procura de información…
  • Aprender os elementos fundamentais de traballo das aplicacións ofimáticas.

Competencia

  • Desenvolvemento das operacións principais do sistema operativo Windows 10:
    • localizar a barra de tarefas, o menú de inicio de windows, diferenciar un atallo dun ficheiro, manexo do explorador de arquivos, xestión con cartafois e ficheiros,
  • Utilización práctica de dispositivos de almacenamento: pendrives, a nube.
  • Navegación por internet: abrir diferentes navegadores con varias pestanas; diferenciar entre un navegador e un motor de busca.
    • Coñecemento das aplicacións corporativas da USC: campus virtual, a nube da USC, secretaría virtual.
  • Elaboración dun documento de texto en word / writer, presentacións en Powerpoint…
    • Utilizar os formatos de carácter, de parágrafo, de sección e de páxina
    • Incluír encabezados e pes de páxina, números de páxina, saltos de páxina
    • Inserción de imaxes, táboas.
    • Aplicar estilos de título: título 1, título 2, titulo 3 a un documento con capítulos
    • creación dunha táboa de contidos ou índice, inserir portada

Contidos

Bloque de contidos I

  • Familiarización co Sistema Operativo. Emprego de ventás.
  • Manipulación de programas e utilidades do sistema (editores de texto, calculadoras, imaxes…).
  • Xestión de arquivos e cartafois. Tipos de arquivos.
  • Compoñentes básicos dun ordenador: principais compoñentes, periféricos, dispositivos de almacenamento.

Bloque de contidos II

  • Xestión de arquivos e cartafois.
  • Manipulación do sistema de arquivos en dispositivos de almacenamento externos.
  • Instalación e configuración de programas.
  • Panel de control e a configuración do sistema.
  • Manipulación de dispositivos externos: impresora…
  • Almacenamento de información na nube.

Bloque de contidos III

  • A rede Internet: Introdución.
  • Os navegadores (navegadores máis empregados). Procura de información e servizos da Rede. (entradas, viaxes, reservas, consultas administrativas).
  • O correo electrónico. Creación e configuración dunha conta. Configuración do cliente de correo Outlook.

Bloque de contidos IV:

  • Edición de textos con Word / Writer: O entorno e configuración básica; Instrumentos básicos de traballo, Formatados básicos, A selección de textos, O copiado e pegado;
  • Edición de textos con Word / Writer: Configuración de parágrafos, aliñamentos, espaciados; Configuración de páxina e saída a impresión.
  • Edición de textos con Word / Writer: inserción de imaxes  e creación de táboas sinxelas.
  • Traballo coa folla de cálculo: O entorno e configuración básica. Operacións básicas sobre unha folla de cálculo. Inserción e manipulación de datos.
  • Traballo co powerpoint: Creación de presentacións con texto, en diapositivas, imaxes predeseñadas ou da computadora.

Metodoloxía

Aprendizaxe significativa e practica dos coñecementos impartidos ao longo de todo o curso:

  • O curso se desenvolverá a través de clases presenciais de xeito teórico-expositivo e práctico-interactivo.
  • Os contidos de carácter práctico serán expostos polo profesor e seguidamente desenvolvidos polo alumno, interactuando con cada un deles que o precise ata que todos consigan o obxectivo.

Resumo básico e ilustrativo de todas as unidades do programa desenvolvidas.

Emprego da aula virtual no Campus Virtual da USC con resumos, actividades e exercicios propostos para a súa resolución, e cuestionarios de autoavaliación:

  • Cuestionarios de coñecementos iniciais.
  • Exercicios de clase.
  • Cuestionarios-xogos coa plataforma Kahoot.

Se procede, uso da aplicación Teams:

  • Entrega de tarefas no equipo da materia.

Interacción profesor-alumnos.

Sistema de avaliación

Avaliación continua (40 % de la nota final): asistencia, practicas, exercicios diarios na aula (e fora dela se os alumnos o demandan), e interese amosado en clase.

Exame tipo test na aula virtual (ou proba escrita se fose necesario) (60% de la nota final):

  • Preguntas tipo test cun enunciado que pode ser verdadeiro ou falso.
  • As respostas falladas non descontan puntos.
  • Non hai puntuación mínima no exame para aprobalo.

A puntuación final obterase de sumar o nota obtida no 40 % mais a nota obtida no 60 %, e o aprobado estará en 5 puntos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.07.2023.