Introdución
Coñecementos básicos de informática: sistemas operativos, utilidades, elementos dun ordenador…; e de internet: navegadores, clientes de correo electrónico, a nube, redes sociais; e ferramentas ofimáticas
Obxectivos
- Adquirir os coñecementos básicos do sofware dun ordenador
- Coñecer os distintos dispositivos de entrada e saída dun sistema informatizo.
- Utilizar as redes de información: internet, correo electrónico, procura de información…
- Aprender os elementos fundamentais de traballo das aplicacións ofimáticas.
Competencia
- Desenvolvemento das operacións principais do sistema operativo Windows 10:
- localizar a barra de tarefas, o menú de inicio de windows, diferenciar un atallo dun ficheiro, manexo do explorador de arquivos, xestión con cartafois e ficheiros,
- Utilización práctica de dispositivos de almacenamento: pendrives, a nube.
- Navegación por internet: abrir diferentes navegadores con varias pestanas; diferenciar entre un navegador e un motor de busca.
- Coñecemento das aplicacións corporativas da USC: campus virtual, a nube da USC, secretaría virtual.
- Elaboración dun documento de texto en word / writer, presentacións en Powerpoint…
- Utilizar os formatos de carácter, de parágrafo, de sección e de páxina
- Incluír encabezados e pes de páxina, números de páxina, saltos de páxina
- Inserción de imaxes, táboas.
- Aplicar estilos de título: título 1, título 2, titulo 3 a un documento con capítulos
- creación dunha táboa de contidos ou índice, inserir portada
Contidos
Bloque de contidos I
- Familiarización co Sistema Operativo. Emprego de ventás.
- Manipulación de programas e utilidades do sistema (editores de texto, calculadoras, imaxes…).
- Xestión de arquivos e cartafois. Tipos de arquivos.
- Compoñentes básicos dun ordenador: principais compoñentes, periféricos, dispositivos de almacenamento.
Bloque de contidos II
- Xestión de arquivos e cartafois.
- Manipulación do sistema de arquivos en dispositivos de almacenamento externos.
- Instalación e configuración de programas.
- Panel de control e a configuración do sistema.
- Manipulación de dispositivos externos: impresora…
- Almacenamento de información na nube.
Bloque de contidos III
- A rede Internet: Introdución.
- Os navegadores (navegadores máis empregados). Procura de información e servizos da Rede. (entradas, viaxes, reservas, consultas administrativas).
- O correo electrónico. Creación e configuración dunha conta. Configuración do cliente de correo Outlook.
Bloque de contidos IV:
- Edición de textos con Word / Writer: O entorno e configuración básica; Instrumentos básicos de traballo, Formatados básicos, A selección de textos, O copiado e pegado;
- Edición de textos con Word / Writer: Configuración de parágrafos, aliñamentos, espaciados; Configuración de páxina e saída a impresión.
- Edición de textos con Word / Writer: inserción de imaxes e creación de táboas sinxelas.
- Traballo coa folla de cálculo: O entorno e configuración básica. Operacións básicas sobre unha folla de cálculo. Inserción e manipulación de datos.
- Traballo co powerpoint: Creación de presentacións con texto, en diapositivas, imaxes predeseñadas ou da computadora.
Metodoloxía
Aprendizaxe significativa e practica dos coñecementos impartidos ao longo de todo o curso:
- O curso se desenvolverá a través de clases presenciais de xeito teórico-expositivo e práctico-interactivo.
- Os contidos de carácter práctico serán expostos polo profesor e seguidamente desenvolvidos polo alumno, interactuando con cada un deles que o precise ata que todos consigan o obxectivo.
Resumo básico e ilustrativo de todas as unidades do programa desenvolvidas.
Emprego da aula virtual no Campus Virtual da USC con resumos, actividades e exercicios propostos para a súa resolución, e cuestionarios de autoavaliación:
- Cuestionarios de coñecementos iniciais.
- Exercicios de clase.
- Cuestionarios-xogos coa plataforma Kahoot.
Se procede, uso da aplicación Teams:
- Entrega de tarefas no equipo da materia.
Interacción profesor-alumnos.
Sistema de avaliación
Avaliación continua (40 % de la nota final): asistencia, practicas, exercicios diarios na aula (e fora dela se os alumnos o demandan), e interese amosado en clase.
Exame tipo test na aula virtual (ou proba escrita se fose necesario) (60% de la nota final):
- Preguntas tipo test cun enunciado que pode ser verdadeiro ou falso.
- As respostas falladas non descontan puntos.
- Non hai puntuación mínima no exame para aprobalo.
A puntuación final obterase de sumar o nota obtida no 40 % mais a nota obtida no 60 %, e o aprobado estará en 5 puntos.