Introdución
Neste curso, achegarémonos ao coñecemento do territorio dende unha perspectiva interdisciplinar que permitiranos comprobar como nos vimos relacionando co medio a través das paisaxes creadas ao longo da historia. Un transcurso no que o discurso contará, ademáis, cunha ollada en clave medioambiental.
Obxectivos
- Coñecer a configuración paisaxística de Galicia.
- Explorar a paisaxe galega.
- Coñecer áreas xeográficas con paisaxes relevantes.
- Figuras legais de protección de espazos paisaxísticos.
- Activar valores ambientales.
Competencia
- Promover o coñecemento do territorio.
- Contribuír a explorar a interacción das persoas co territorio.
- Reflexionar sobre o aproveitamento e desfrute da paisaxe.
- Forxar compromisos medioambientais ca contorna.
Contidos
O patrimonio natural. Antropoloxía e paisaxe. Tipoloxías paisaxísticas. Paisaxe e identidade.
Paisaxe e sustentabilidade. Ecoloxía da paisaxe.
Paisaxe e territorio en Galicia. Ordenación do territorio en Galicia. As paisaxes protexidas de Galicia.
A xeomorfoloxía de Galicia.
Metodoloxía
Presentacións / Exposicións
Sistema de avaliación
Asistencia ao curso e participación nas actividades.
Bibliografía básica
Criado Boado, F.; Cabrejas Domínguez, E.; Otero Vilariño, C.; Parcero Oubiña, C. (2016): Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Vigo: Xerais.
Vidal Romaní, J.R. (1991): Paisaxes de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Ordenación e Territorio e Obras Públicas. Dirección Xeral de Ordenación Territorial e Calidade ambiental.
Guitián Rivera, L. e Lois González, R. C. (Coord.) (1997): Actividad humana y cambios recientes en el paisaje. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura - Xunta de Galicia.