Ir o contido principal

Territorio e paisaxe

Docente externo: Verónica Blanco Magariños

N.º de créditos: 3

Introdución

Neste curso, achegarémonos ao coñecemento do territorio dende unha perspectiva interdisciplinar que permitiranos comprobar como nos vimos relacionando co medio a través das paisaxes creadas ao longo da historia. Un transcurso no que o discurso contará, ademáis, cunha ollada en clave medioambiental.

Obxectivos

  • Coñecer a configuración paisaxística de Galicia.
  • Explorar a paisaxe galega.
  • Coñecer áreas xeográficas con paisaxes relevantes.
  • Figuras legais de protección de espazos paisaxísticos.
  • Activar valores ambientales.

Competencia

  • Promover o coñecemento do territorio.
  • Contribuír a explorar a interacción das persoas co territorio.
  • Reflexionar sobre o aproveitamento e desfrute da paisaxe.
  • Forxar compromisos medioambientais ca contorna.

Contidos

O patrimonio natural. Antropoloxía e paisaxe. Tipoloxías paisaxísticas. Paisaxe e identidade.

Paisaxe e sustentabilidade. Ecoloxía da paisaxe.

Paisaxe e territorio en Galicia. Ordenación do territorio en Galicia. As paisaxes protexidas de Galicia.

A xeomorfoloxía de Galicia.

Metodoloxía

Presentacións / Exposicións

Sistema de avaliación

Asistencia ao curso e participación nas actividades.

Bibliografía básica

Criado Boado, F.; Cabrejas Domínguez, E.; Otero Vilariño, C.; Parcero Oubiña, C. (2016): Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Vigo: Xerais.

Vidal Romaní, J.R. (1991): Paisaxes de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Ordenación e Territorio e Obras Públicas. Dirección Xeral de Ordenación Territorial e Calidade ambiental.

Guitián Rivera, L. e Lois González, R. C. (Coord.) (1997): Actividad humana y cambios recientes en el paisaje. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura - Xunta de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2023.