Pasar al contenido principal

Medio cento de estudantes beneficiarios das ‘Becas Europa’ fai escala na USC e profunda na súa historia

Foto de familia do reitor cos estudantes. FOTO: Santi Alvite
Foto de familia do reitor cos estudantes. FOTO: Santi Alvite
O grupo de estudantado preuniversitario que xa visitou as universidades de Alcalá de Henares, Salamanca, Cambridge, Londres e Heidelberg, chega a Compostela para manter encontros con profesorado da institución compostelá, así como para afondar na súa oferta docente e de servizos
Santiago de Compostela

Medio cento de estudantes beneficiarios das ‘Becas Europa’ promovidas polo Banco Santander e a Universidade Francisco de Victoria visitan este luns 17 a USC, onde foron recibidos polo reitor. Antonio López relatoulles a historia da institución compostelá, alén de acompañalos durante un percorrido polos colexios de San Xerome e Fonseca. O delegado do reitor para Ensino Medio, Celso Rodríguez, tamén estivo presente no acto xunto a Carola Díaz de Lope-Díaz, directora executiva de Becas Europa, e Juan Serrano, director académico do devandito programa. 

O grupo de estudantes que está a visitar diferentes universidades europeas xa fixo escala nas de Alcalá de Henares, Salamanca, Cambridge, Londres e Heidelberg. No seo do programa a desenvolver na USC este luns 17 enmárcanse, xa en quenda de tarde, dous encontros cos profesores Juan Manuel Monterroso e Jorge Mira. 

‘Becas Europa’ selecciona os 50 mellores alumnos/as preuniversitarios/as de España co propósito de compartir con eles/as a experiencia dunha viaxe de 20 días, aproximadamente, ao redor de Europa, visitando as principais universidades e participando nun programa de conferencias, encontros con personalidades de primeiro nivel do mundo académico, político e cultural e participando en actividades culturais e de lecer.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.07.2023.