Santiago de Compostela e Lugo
Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo)
O martes 12 de setembro realizaranse dúas sesións extraordinarias do Consello de Goberno, a primeira delas ás 10 horas e a segunda ás 10.30 horas

A primeira das sesións extraordinarias do Consello de Goberno está convocada ás 10.00 horas (10.15 horas en segunda convocatoria) e ten como único punto da orde do día a aprobación, se procede, do acordo polo que se establecen disposición en materia de persoal para a xestión de axudas con fondos procedentes do PRTR da USC.
A seguir, desenvolverase a segunda das sesións extraordinarias, convocada ás 10.30 horas (10.45 horas en segunda convocatoria), na que se tratará a aprobación, se procede, da Oferta de Emprego Público do PAS no ano 2023.
Ambas as sesións terán lugar no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago) e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros (Lugo).