Pasar al contenido principal

Taller Mestr@ Yoda

20.09.2023 | 16.30h-19.30h

En liña a través de ZOOM

Obradoiro para profesorado ao abeiro do proxecto 'STAT WARS: a Rebelión dos Datos'

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

A terceira edición do Taller Mestr@ Yoda desenvolverase o 20 de setembro das 16.30 a 19.30 horas. Este obradoiro, organizado no marco do proxecto 'STAT WARS: a Rebelión dos Datos', diríxese ao profesorado de matemáticas de Ensino Primario, Secundario, Bacharelato ou FP co obxectivo de achegarlle ferramentas didácticas para a ensinanza da Estatística e a Ciencia de Datos.

O equipo docente está conformado por María Teresa Santos Martín, profesora titular do departamento de Estatística na Universidad de Salamanca, Anabel Forte Deltell, profesora titular do departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universitat de València, Nuria Pérez Álvarez, profesora lectora do departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universitat Politécnica de Catalunya, e Álvaro Méndez Civieta, investigador posdoutoral do UC3M- Santander Big Data Institut (IBiDat). 

O obradoiro desenvolveranse en liña a través de ZOOM e para asistir é preciso cursar inscrición. O programa completo está dispoñible na web.

'STAT WARS: A Rebelión de los Datos' é unha iniciativa divulgativa liderada pola USC para achegar a Estatística e a Ciencia dos Datos a estudantado e profesorado non universitario. Conta coa colaboracion da Fundación Española para a Ciencia e  Tecnoloxía- Ministerio de Ciencia e Innovación e a Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.09.2023.