A asociación Alumni USC programa o seu primeiro encontro cunha xornada de conversas arredor do pasado e presente da entidade

Baixo o lema 'A Universidade despois da Universidade', o I Encontro Alumni busca xerar un espazo reunión e diálogo entre estudanto egresado da USC que poña en valor a pegada das persoas que pasaron polas aulas da institución. Programado venres 22 de setembro a partir das 17.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, contará coa presenza do reitor Antonio López; do secretario xeral da Universidades, José Alberto Díez de Castro; do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira; da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; da presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra; e da presidenta de Alumni USC, Eva López Barrio.
Tras a sesión inaugural, dúas mesas temáticas repasarán a evolución da asociación dende a súa fundación ata a actualidade. Na primeira delas, Juan J. Casares Long, ex reitor da Universidade e primeiro presidente de Alumni USC; Emilio Pérez Nieto, quen fora presidente do Consello Social da institución; Filomena Casal Gómez, vicepresidenta primeira de Alumni USC; e Darío Villanueva, ex reitor e artífice da asociacion, comparten as súas experiencias, anécdotas e reflexións sobre os primeiros anos do colectivo.
A seguir, a segunda mesa centrará a conversa no presente de Alumni USC e nas oportunidades que ofrece na actualidade á comunidade universitaria, da man de Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación; Jorge MiraPérez, catedrático da Facultade de Física; José M. Ortigueira Bobillo, socio de honra de Alumni USC, e Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas.