07.10.2023 | 18.00h
A actriz Melania Cruz conduce unha das visitas guiadas á exposición 'CONSTELATIO'

A Igrexa da Universidade acolle ata o 10 de novembro a exposición 'CONSTELATIO', unha mostra na que o pintor José Méndez Rodríguez 'Pitelos' reúne máis dun cento de artistas do panorama creativo galego a través de retratos, esculturas, ornamentación e 'Ovos Vitae'.
Ao longo do seu período expositivo , a mostra ofrecerá un amplo programa de visitas guiadas dramatizadas da man de artistas da contorna teatral galega. O 7 de outubro ás 18.00 horas, a actriz Melania Cruz frecerá unha performance sobre 'CONSTELATIO' con entrada de balde.