Pasar al contenido principal

VII Xornada ESAR-NET

'Análise de aguas residuais con fins epidemiolóxicos e outros indicadores de uso de substancias de abuso'

04.10.2023 | 09.20h-17.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Promovida pola USC en colaboración coa Rede española de análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos (ESAR-Net) e a Rede de investigación en atención primaria de adiccións (RIAPAd)

Facultade de Química da USC. FOTO: Andrés Fraga
Facultade de Química da USC. FOTO: Andrés Fraga

A análise de augas residuais para a determinación de produtos de excreción metabólica humana (análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos) vense aplicando na última década para ofrecer, dunha maneira non invasiva, datos obxectivos en tempo real sobre as pautas xeográficas e temporais do consumo dun gran número de substancias e sobre a exposición humana a elas. O obxectivo da xornada é presentar o traballo desenvolvido pola rede ESAR-Net e o gran potencial desta metodoloxía para obter información sobre o consumo de drogas e outras substancias de abuso e a súa integración con outros indicadores, ademais de aplicacións máis recentes no campo da exposición humana a contaminantes químicos e ao virus SARS-CoV-2- O encontro establecerá un foro de intercambio de coñecementos entre diferentes disciplinas.

A sétima Xornada ESAR-NET terá lugar o 4 de outubro de 2023 na Aula Magna 'Antonio Casares'  da Facultade de Química e tamén poderá seguirse en liña. A sesión inaugural, programada ás 9.20 horas, contará coa presenza de Joan R. Villalbí, delegado do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas do Goberno de España;  Silvia Suárez Luque, subdirectora xeral de Fomento de Estilos de Vida Saudables da Xunta de Galicia e José Benito Quintana, profesor da USC,  coordinador de ESAR-Net e membro de RIAPAd). 

A xornada proseguirá cun completo programa de conferencias dispoñible na web do evento. 

A xornada podera tamén seguirse en directo a través da canle de YouTube da USC:

- Sesións matutinas: https://www.youtube.com/live/EdROqw4ruw8?si=lzaARacD8Ua92uph

- Sesión vespertina: https://www.youtube.com/live/j07wc5ahe1E?si=twVHOKBkUyfb4gPG

Cartel da VII Xornada ESAR-NET
Cartel da VII Xornada ESAR-NET
Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2023.