Pasar al contenido principal

Faíscas Culturais

'O Seminario de Estudos Galegos: galeguizar as escolas e anovar o ensino'

20.10.2023 | 12.00h

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos con aulas abertas e sesións que profundan no labor e a pegada da institución

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG
A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Saber de Nós. Olladas no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos', a segunda edición no programa afonda no labor e a pegada do SEG en aulas abertas e conversas que percorrren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Henrique Monteagudo. 

Antón Costa conduce o 20 de outubro a sesión 'O Seminario de Estudos Galegos: galeguizar as escolas e anovar o ensino', unha aula aberta que se desenvolverá a partir das 12 horas no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.10.2023.