Pasar al contenido principal

Xornada de investigación

As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe

09.10.2023 | 15.45h-20.00h

Esta actividade enmárcase no conxunto de eventos que terán lugar na Facultade este semestre para celebrar o centenario da Fundación do SEG

Cartel da xornada
Cartel da xornada

A xornada de investigación 'As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe' desenvolverase no Salón de Actos da  Facultade de Filoloxía o vindeiro 9 de outubro a partir das 15.45 horas. Con motivo do centenario da fundación do SEG, institución cultural fundada o 12 de outubro de 1923, a Facultade de Filoloxía organiza esta actividade, en colaboración coa Asemblea de Investigadoras.

"O SEG pretendía atender diversos campos do saber que non eran obxecto de estudo como materia galega na universidade, tanto dende o punto de vista investigador como formativo e divulgador", explican dende a organización. "Con este evento pretendemos alcanzar o mesmo obxectivo e avaliar o estado actual das disciplinas que constituíron as diferentes seccións que integraron o SEG dende a mirada do estudantado de doutoramento da USC", engaden. As súas conclusións principais poden verse xa nun conxunto de vídeos dispoñibles na canle de Youtube da USC. Esta actividade enmárcase no conxunto de eventos que terán lugar na Facultade este semestre para celebrar o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.10.2023.