A residencia Jesús Bal y Gay acolle este mércores un coloquio sobre rallys e seguridade moderado por David Fernández
A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo acollerá este mércores, a partir das 21.00 horas, un coloquio sobre rallies e seguridade que estará guiado por David Fernández Maceda e no que intervirán como relatores varios pilotos do panorama rexional e nacional, tales como Luis Penido, Iván Ares, Javier Ramos Grille, Antonio Solórzano, Álvaro Muñiz, Daniel Berdomás, Adrián Díaz e Mario G. Tomé.
A sesión, programada no marco das actividades incluídas no plan de actividades da Bolsa de Socio Cultura da residencia universitaria Jesús Bal y Gay, permitirá abordar, entre outros temas, a defensa dos dos rallys como deporte. As dificultades e apoios que atopan os pilotos para o financiamento desta práctica, a formación física, a importancia do copiloto, cursos de formación para mellorar a condución, competición... serán outros dos temas de debate deste coloquio, no que a seguridade dos competidores e do público será un tema capital de análise e debate.