A presentación da sesión correrá a cargo de Laura Lojo, profesora da Facultade de Filoloxía e pertencente ao Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclub Mazarelos da Facultade de Filosofía da USC, será este mércores 11, ás 18.00 horas no Salón de Actos do centro. Proxectarase o filme Billy Liar [Billy, o embustero] (1962), dirixida por John Schlesinger (VOSE). Esta é unha actividade do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía. A presentación da sesión correrá a cargo de Laura Lojo, profesora da Facultade de Filoloxía e pertencente ao Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá. A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo.