Pasar al contenido principal

Inauguración en Fonseca da exposición ‘Arte e xeometría en papel’

Con motivo da XX Convención Internacional de Papiroflexia que terá lugar esta fin de semana en Santiago, o Claustro Alto do Colexio de Fonseca acollerá a mostra ‘Arte e xeometría en papel’. A inauguración será este venres 28 ás 20.00 horas.

Dende o estudo das matemáticas e a xeometría a través do papel, pasando por representacións realistas de animais, ata figuras de deseño, moda e arte. Tamén participarán na exposición figuras dobradas por membros da Asociación Española de Papiroflexia, facendo unha mención especial ás da colección de Covadonga Blanco, que foi profesora nesta universidade.

A exposición poderá visitarse o sábado 29 e domingo 30 de 12.00 a 14.00 horas e a partir do 2 de maio de luns a venres de 09.00 a 21.00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2017.