Pasar al contenido principal

Curso

'Introdução aos estudos semântico-lexicais em língua portuguesa: perspetiva cognitiva socio-histórica'

16.10.2023-18.10.2023 | 16.30h-19.00h

Santiago de Compostela
Sala B10

Este curso ten como obxectivo demostrar que o léxico dun pobo está intimamente ligado á súa historia, e que, a partir dese léxico, as relacións entre lingua, linguaxe, discursos e sociedade superan as fronteiras lingüísticas, as cales abranguen tamén funcións cognitivas e socioculturais

Cartel do curso
Cartel do curso

Do 16 ao 18 de outubro terá lugar na sala B10 da Facultade de Filoloxía da USC o curso 'Introdução aos estudos semântico-lexicais em língua portuguesa: perspetiva cognitiva socio-histórica', impartido pola profesora da Universidade do Estado da Bahia Elisângela Santana dos Santos e organizado polo Instituto da Lingua Galega.

Este curso ten como obxectivo demostrar que o léxico dun pobo está intimamente ligado á súa historia, e que, a partir dese léxico, as relacións entre lingua, linguaxe, discursos e sociedade superan as fronteiras lingüísticas, as cales abranguen tamén funcións cognitivas e socioculturais.

A asistencia é libre e non é necesaria a inscrición, a non ser que se desexe obter un certificado de asistencia. Nese caso é preciso encher este formulario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.10.2023.