Pasar al contenido principal

Xornada

'A práctica do piropo nos novos tempos'

20.10.2023 | 16.30h-20.00h

Santiago de Compostela
Sala de Conferencias

Organizada polo ILG

Cartel da xornada
Cartel da xornada

Que é un piropo? Seguimos a interpretalo como unha mostra de cortesía? Dende o campo da pragmática deféndese que o grao de (des)cortesía de calquera acto de fala se relaciona coa súa adecuación ao contexto. Con todo, hoxe en día, nunha sociedade maioritariamente comprometida coa loita contra a desigualdade de xénero, o piropo parece percibirse socialmente como un acto de fala arriscado para a imaxe pública. En consecuencia, comézase a observar que esta práctica discursiva con centos de anos de tradición nas culturas hispánicas está sufrindo mudanzas. Coa intención de reflexionar arredor desta cuestión a sala de conferencias do Instituto da Lingua Galega (ILG) acollerá o vindeiro 20 de outubro, de 16.30 a 20.00 horas, a xornada 'A práctica do piropo nos novos tempos'.

En primeiro lugar, dende o punto de vista sociolóxico, aínda que todo apunta a que os roles preestablecidos para cada un dos xéneros tradicionais á hora da enunciación dun piropo (home produtor e muller receptora) comezaron a esvaecerse, "a práctica do piropo parece seguir reproducindo desigualdades cando de relacións binarias home/muller se trata", explican dende o ILG. Deste xeito, nos últimos traballos do campo da pragmática advírtese que o rexeitamento social do carácter público do piropo está relegando este acto de fala a contextos máis íntimos e, polo tanto, máis seguros para as imaxes de produtores/as e receptoras/es. Neste contexto, os novos tempos parecen ofrecer unha alternativa á enunciación cara a cara do piropo e, consecuentemente, un novo centro de interese: o espazo virtual.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2023.