Pasar al contenido principal

O Coro Princeton Pro Musica actúa este sábado na Igrexa Universitaria

O Coro Princeton Pro Musica actúa este sábado na Igrexa Universitaria
O Coro Princeton Pro Musica actúa este sábado na Igrexa Universitaria

A formación coral Princeton Prol Musica ofrece este sábado, 1 de xullo, un concerto na Igrexa Universitaria no que interpretarán pezas de Mendelssohn, Brahms, Bruckner, Rachmaninoff, Verdi, Casals, Purcell, Wood, Viadana, Parker, Paulus, Lauridsen, Hogan e U2. A actuación, ás 20.00 horas, é de entrada libre.

Desde a súa fundación en 1979, Princeton Prol Musica (Nova Jersey, EE.UU.) procurou principalmente conservar e demostrar, a través da excelencia nas actuacións corais, a vitalidade do Barroco, Clásico e Romántico nos canons do Oeste. Nas tempadas recentes acadaron triunfos artísticos con obras mestras de J. S. Bach, Handel, Mozart, Mendelssohn, Brahms, Vaughan Williams, Fauré e Rachmaninoff.

O director artístico, Ryan James Brandau, tamén fixo un gran esforzo para ampliar o repertorio de PPM máis aló do principal para presentar á súa audiencia a música máis contemporánea e fóra da corrente principal xermánico/europea. Ademais de dirixir a Princeton Prol Musica, tamén é director artístico do Monmouth Civic Chorus en Nova Jersey e de Amor Artis na cidade de Nova York.

Brandau traballou cunha gran variedade de profesionais, comunidades, colexios e conxuntos de igrexa. Preparou actuacións con directores internacionalmente respectados como Yannick Nezet-Seguin e Daniel Barenboim, entre outros. Como cantante profesional cantou con conxuntos nos Estados Unidos, Europa e Asia incluíndo a American Bach Soloists, the Arcadia Players, Yale Schola Cantorum e o Choir of Clare College, Cambridge. Os seus arranxos e as súas composicións foron destacadas por ser interpretadas por conxuntos corais de todo o mundo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2017.