Pasar al contenido principal

Proxectarase o filme 'One day in Europe (Galatasaray-Dépor)'

Terceira sesión de CineFilo

24.10.2023 | 17.00h-19.30h

No debate posterior ao coloquio está prevista a participación da actriz Blanca Brage Cendán. Esta é unha actividade de balde recoñecida pola Facultade de Filoloxía como formación e coordinada pola Área de Filoloxía Catalá.

Exterior da Facultade de Filoloxía
A sesión celebrarase no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía

CineFilo fai parada nesta ocasión na interculturalidade de Europa. Da man do director alemán, Hannes Stöhr, con vínculos con Galicia por ter realizado un Erasmus na mesma USC, o filme afonda na riqueza e variedade cultural e lingüística de Europa. O elemento argumental que une as catro historias que teñen lugar en catro cidades distintas é unha hipotética final da Champions entre o Deportivo da Coruña e o Galatasaray turco. Mais, como engade dende a organización da sesión, en contra do que poida parecer, este filme nada ten que ver co fútbol. Ou si …

Con posterioridade á proxección, as persoas interesadas poderán participan nun coloquio coa actriz Blanca Brage Cendán. No seu currículo figura a súa participación en diversas series de televisión como Unha de romanos (1989), Pratos combinados (1999), Galicia exprés (2000), Un mundo de historias (2000), Fíos (2002), ou Valderrei (2007). En cine intervén en Urxa (1989) e Galatasaray-Dépor (2005), así como nas curtametraxes Cal dous estraños (1991), Bobo Furcia (2002), e A boa caligráfica (2004).

Esta actividade quere ser un punto de encontro a través do cine das linguas e a culturas que se ofrecen na Facultade así como un espazo de colaboración e Diálogo entre a comunidade universitaria e veciñanza.

Cartel da proxección
Cartel da proxección
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2023.