Pasar al contenido principal

Torneo Baloncesto 3×3 Interfacultades USC

09.11.2023 | 15.30h-19.30h

Santiago de Compostela

A actividade está organizada no marco das axudas destinadas ao desenvolvemento de Proxectos de dinamización físico-deportiva e cultural nos centros da USC

A inscrición remata o 5 de novembro. FOTO: Santi Alvite
A inscrición remata o 5 de novembro. FOTO: Santi Alvite

A primeira edición do torneo Baloncesto 3×3 Interfacultades USC terá lugar o vindeiro 9 de novembro de 15.30 a 19.30 horas no pavillón da USC. Os equipos son mixtos, de entre 3 e 5 persoas, e para participar é obrigatorio pertencer á Universidade de Santiago de Compostela. Os equipos deben inscribirse a través do enderezo torneointerfacultades2023 [at] gmail.com (torneointerfacultades2023[at]gmail[dot]com) antes do 5 de novembro indicando cal vai ser a súa denominación. 

Cada grupo debe elixir unha cor de vestimenta coa que xogar e recoméndase levar outra de reposto por se coincidiran as cores nun enfrontamento. A actividade está organizada por alumnado da Facultade de Física no marco das axudas destinadas ao desenvolvemento de Proxectos de dinamización físico-deportiva e cultural nos centros da USC. 
 

Cartel da iniciativa
Cartel da iniciativa
Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.10.2023.