Pasar al contenido principal

Proxectarase o filme 'Suro'

Nova sesión de CineFilo

07.11.2023 | 17.00h-19.30h

Santiago
Salón de Actos

Ademais da proxección da cinta, está previsto un debate posterior coa participación do seu director Mikel Gurrea

Exterior da Facultade
O ciclo desenvólvese na Facultade de Filoloxía

O ciclo CineFilo abordará nesta nova sesión as contradicións dunha parella nova que se traslada ao rural empordanés a vivir da recollida da cortiza (en catalán, suro). Este é o argumento central do filme 'Suro', traballao no que se abordan outros temas como o ecoloxismo, tolerancia e a liberdade. Esta é unha película que, como o seu director asegura, pivota "entre aquilo que somos e aquilo que quereríamos ser" e que acadou unha boa acollida pola crítica e o público. Tamén foi galardoada nos premios Gaudí e no festival de Donostia.

Esta é unha actividade de balde recoñecida pola Facultade de Filoloxía como formación. As persoas interesadas tamén poden atopar máis información sobre o ciclo na conta de Instagram @cineFilo.usc

 

Miquel Gurrea

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola UPF, foi premiado coa bolsa da Obra Social de ”la Caixa”, e Máster of Arts pola London Film School. As súas curtametraxes Foxes (2015 ) e Heltzear (2021) foron seleccionadas en festivais como Venecia, Zinemaldia, Málaga e Mont-real. As súas dramaturxias estreáronse no Queen Elizabeth Hall de Londres e no Fernando Fernán-Gómez de Madrid. A súa primeira longametraxe, Suro (2022), competiu na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Donostia  onde obtivo o pemio Irizar do cinema vasco e o premio FIPRESCI da crítica internacional. Formou parte do profesorado do Elías Querejeta Zine Eskola e colabora no proxecto 'Cinema en curs'.

 

Cartel da nova sesión do ciclo
Cartel da sesión na que se proxectará 'Suro'
Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.11.2023.