Pasar al contenido principal

Xornada de mentorización de investigador@s noveis no Campus Terra

13/11/2023 - 16.00 horas

Edificio Cactus (Lugo)

Os ‘Ramón y Cajal’ que desenvolven o seu labor no Campus Terra da USC César Pérez Cruzado, Alba Díaz e Patricia López compartirán experiencias e recomendacións no plano de da I+D+i con investigadores pre e postdoutorais nunha sesión aberta que se celebrará o luns 13, a partir das 16.00 horas, no edificio Cactus de Lugo

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

O Campus Terra da USC organiza o luns 13 de novembro, a partir das 16.00 horas, no edificio de apoio á investigación (Cactus) da sede universitaria luguesa, unha xornada de mentorización de investigadores noveis co obxectivo de prestar apoio e asesoramento á mocidade investigadora pre e postdoutoral, así como a aquelas persoas que están a dar os seus primeiros pasos na actividade científica.

Os investigadores ‘Ramón y Cajal’ que están a desenvolver o seu labor nos distintos centros do Campus Terra da USC, César Pérez Cruzado, Alba Díaz e Patricia López, serán os encargados de conducir esta sesión de mentorización da mocidade investigadora, unha proposta que tamén está aberta ao conxunto do estudantado universitario de grao e mestrado no Campus Terra, así como a todo o alumnado interesado na actividade investigadora.

O programa, que se prolongará durante tres horas, permitirá aos relatores convidados achegar información sobre as distintas posibilidades e oportunidades para iniciarse no traballo de investigación, ademais de explicar o proceso que require o desenvolvemento dunha traxectoria investigadora nos diversos ámbitos científicos de especialización que abrangue o Campus Terra da USC.

Alén de espertar o fortalecer novas vocacións científicas, a delegada da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, agarda que esta xornada sirva para mergullarse no día a día da I+D, pero tamén para compartir experiencias e para coñecer de primeira man as demandas e expectativas das futuras xeracións de científicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.11.2023.