Organizado polo Cineclube Mazarelos, proxectarase 'A Nightmare on Elm Street 2' (1985) de Jack Sholder (VOSE)

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico terá lugar o día 8 a partir das 18.00 horas coa proxección do filme A Nightmare on Elm Street 2 (1985), de Jack Sholder (VOSE). Organizada polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, é unha actividade enmarcada no proxecto 'Cultura en Mazarelos'.
A presentación da sesión correrá a cargo do crítico e programador de cinema Javier Parra González, autor, entre outros, dos libros Scream Queer: la representación LGTBIQ+ en el cine de terror (Ed. Dos Bigotes) e La madre terrible en el cine de terror (Ed. Hemenaute). A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.
