Pasar al contenido principal

Pode facerse Marte habitable?

Pode facerse Marte habitable?
Pode facerse Marte habitable?

O descubrimento de seis exoplanetas moi similares á Terra abre as portas a novos estudos e teorías sobre unha hipotética vida fóra do noso planeta. Precisamente sobre esta cuestión intervirá este martes 14 o astrofísico Borja Tosar nunha charla en Bioloxía. Ás 20.00 horas na Aula Magna do centro, este divulgador científico falará da terraformación de Marte ou como se podería facer habitable ese planeta.

Borja Tosar é máster en Astronomía e Astrofísica pola Universidade de Valencia e Máster en Comunicación Científica. Dedicado á detección de exoplanetas desde o Observatorio Astronómico de Forcarei e á medición de contaminación lumínica desde o planetario da Coruña, Tosar é coñecido polas súas famosas postais planetarias.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2017.