13.11.2023 | 13.00h
Convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía

Co obxectivo de fomentar a creatividade da mocidade universitaria e de desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como para contribuír a descubrir potenciais figuras deste eido da cultura, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca anualmente o Concurso literario Mazarelos, nome que lembra e homenaxea as raíces da Facultade, e mesmo da Universidade e da propia Compostela.
A entrega de galardóns correspondente á edición 2023 do certame será o vindeiro luns, 13 de novembro, ás 13.00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.