Pasar al contenido principal

Encontros Internacionais de Filosofía

16.11.2023-18.11.2023 | 09.00h-14.00h

A décimo sétima edición, dedicada ao tema ‘A Filosofía no mapamundi: Pensar as filosofías nacionais nun mundo global’, desenvolverase desde este xoves 16 ata o sábado 18 na Facultade da USC.

Facultade de Filosofía da USC
Exterior da Facultade de Filosofía da USC

O evento comeza o xoves 16 ás 9.00 horas e esa mesma xornada ás 19.30 horas terá lugar a inauguración oficial dos Encontros, así como a da exposición ‘30 anos da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía’, entidade que preside o profesor da USC Marcelino Agís. A conferencia inaugural, que comeza ás 19.45 horas, correrá a cargo do profesor Carlos Baliñas Fernández. Os encontros e a mostra serán inaugurados pola vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, e polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García,  así como polos presidentes da SIFA, Sociedade Galega de Estudos Nipóns, O Foro Galicia Milenio e a Sociedade de Filosofía Galicia-Norte de Portugal.

Nos paneis abórdanse temas moi diversos, desde o feminismo ata a filosofía árabe, pasando polo hispanismo filosófico, a actualidade das investigacións en Europa ou Xapón, con especial atención a estudos relacionados con Galicia, desde o tradutor medieval Joahannes Limiensis ata a Xeración Nós e a Xeración Galaxia.

No marco dos Encontros, o  sábado 18 entregarase ás 13.00 horas o cuarto Premio Sapientia á catedrática de Filosofía da Universidade de Coímbra Luísa Portocarrero, vicepresidenta da SIFA.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2023.