Pasar al contenido principal

Xornada Intelixencia Artificial na Administración Pública

22.11.2023 | 15.30h-21.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

Analizaranse os regulamentos para o seu uso e os desafíos de seguridade que supón

Facultade de Dereito
Facultade de Dereito

A Sala de Xuntas da Facultade de Dereito será o lugar onde se desenvolverá a Xornada Intelixencia Artificial na Administración Pública o mércores 22. A inauguración será ás 16.30 horas coa asistencia do director xeral de Simplificación Administrativa da Consellería de Facenda e Administración Pública, Jesús Oitavén Barcala; do catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial do Centro Singular de Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS), Alberto Bugarín Diz e da directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, María Bobillo Varela.

Os regulamentos das plataformas de intelixencia artificial, os retos para a ciberseguridade que presentan e o seu uso no ámbito das administracións públicas son os temas que se van tratar.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2023.