Pasar al contenido principal

Formación para o emprego no Campus Terra da USC

Modesto Gómez, nun momento da sesión formativa para buscar emprego
Modesto Gómez, nun momento da sesión formativa para buscar emprego

A aula e-Terra da Biblioteca Intercentros de Lugo acolleu este mércores unha sesión sobre marketing persoal para a busca de emprego, unha acción promovida pola área de Orientación Laboral dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC e orientada a estudantes e egresados/as, durante a que o experto en recursos humanos Modesto Gómez detallou, abordou, entre outras cuestións os pasos para atopar emprego coas técnicas que utilizan os expertos en marketing e comunicación.

Baixo o título ‘Marketing persoal para a busca de emprego’, as persoas que participaron como asistentes nesta sesión tiveron a ocasión de afondar no deseño dun plan estratéxico, a focalización do obxectivo primordial, así como os intermedios. Asemade, Modesto Gómez ensinou aos candidatos e candidatas a reflexionar sobre a súa proposta de valor, definir o seu posicionamento, e elaborar o seu Unique Selling Proposition. Durante a xornada, tratouse ademais a redacción dun eficaz CV e os pasos a seguir nunha entrevista de traballo para superala con éxito.

Modesto Gómez, o relator encargado de impartir esta xornada, incluída no programa de formación para a empregabilidade do Campus Terra da USC, é un profesional que leva anos traballando como responsable de recursos humanos en diversas empresas e institucións. Gómez é tamén autor de libros económicos, contos, publicacións paisaxísticas e máis de 300 artigos para prensa e medios técnicos de comunicación. Como formador, leva máis de 10 anos impartindo cursos de marketing habilidades socio-directivas e desenvolvemento estratéxico. Desde 2008 é formador nacional da Fundación Incyde de Cámaras de Comercio de España.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2017.