A presentación e o coloquio irá a cargo de Brais Fernández Prieto, doutorando do programa de Estudos da Literatura e da Cultura da USC

O ciclo de cine da Facultade de Filoloxía, CineFilo, proxecta este martes 21 de novembro o documental estadounidense 'Paris is burning' (1991), un dos documentos audiovisuais máis importantes da historia da comunidade LGBTIQ+.
A través das figuras máis representativas da escena ball, Jennie Livingston (1962) móstranos a realidade da xuventude disidente dos oitenta, marcada pola loita contra o racismo, as drogas e o VIH, afondando tamén na realidade destas familias escollidas, que rexeitan seguir as conviccións sociais da época.
O documental proxectarase no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e a presentación e o coloquio irá a cargo de Brais Fernández Prieto, doutorando do programa de Estudos da Literatura e da Cultura da USC.
A actividade é aberta e de balde, e está recoñecida pola Facultade de Filoloxía como formación.