Pasar al contenido principal

A USC adhírese ao manifesto de CRUE ante a escalada bélica en Oriente Próximo

A USC pide que a diplomacia se impoña para a resolución do conflito
A USC pide que a diplomacia se impoña para a resolución do conflito
As universidades españolas reafirman o seu compromiso coa paz, a xustiza, os dereitos humanos e os valores democráticos

A USC adheriuse ao manifesto de CRUE Universidades Españolas polo que rexeita a escalada bélica en Oriente Próximo e traslada a súa solidariedade ás comunidade universitarias e científicas de Israel e Palestina así como ao conxunto da poboación civil. Fronte esta situación, as universidades queren reafirmar o “compromiso coa paz, a xustiza, os dereitos humanos e os valores democráticos, contrarios a calquera guerra ou acto terrorista”, sinala o documento.

No manifesto, os reitores e reitoras das 76 universidades que integran Crue trasladan a súa solidariedade comunidades directamente afectadas e ofrecen a súa “cooperación, a través das redes académicas e de relacións institucionais para que, na medida do posible, poidan seguir desenvolvendo a súa actividade con garantías de seguridade". Reitores e reitoras agardan que “a diplomacia se impoña como a principal vía de resolución deste conflito que, de non frearse, podería ter consecuencias devastadoras a nivel mundial”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2023.