Pasar al contenido principal

DevFest Santiago de Compostela

30.11.2023-01.12.2023 | 15.30h-20.30h

A axenda do encontro inclúe obradoiros e conferencias sobre intelixencia artificial e desenvolvemento web

O evento desenvolverase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Santi Alvite
O evento desenvolverase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Santi Alvite

Case dúas ducias de relatoras e relatores compartirán os seus coñecementos sobre intelixencia artificial e desenvolvemento web no DevFest Santiago de Compostela, unha conferencia tecnolóxica organizada por Google Developers Group Santiago de Compostela (GDG-SDC) que terá lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría do Campus Sur compostelán e que xuntará profesionais, estudantes e entusiastas da tecnoloxía para compartir saberes e experiencias.

Os GDG son unha rede local de grupos sen ánimo de lucro que ofrecen charlas, demostracións prácticas, obradoiros e laboratorios de código sobre as últimas tecnoloxías de Google. En 2022 desenvolvéronse máis de 550 DevFests que axudaron a máis de 320.000 desenvolvedoras e desenvolvedores. DevFest preséntase como principal evento local para coñecer as últimas tecnoloxías de Google da man de Googlers, Google Developer Experts e relatoras e relatores do sector.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2023.