Pasar al contenido principal

DivúlgaT 2023

Petiscos de divulgación científica do Campus de Lugo no Vello Cárcere

30/11/2023 - 19.30 horas

O Vello Cárcere (Lugo)

Docentes e investigadores da USC presentan este xoves 30, a partir das19.30 horas, algunhas das liñas e proxectos de I+D que se desenvolven na sede universitaria luguesa

O evento de divulgación científica ‘DivúlgaT’  bota o pano este xoves 30 de novembro, a partir das 19.30 horas, cunha nova quenda de petiscos científicos nas dependencias do Vello Cárcere, o escenario no que docentes e investigadores da sede universitaria luguesa darán conta a través de monólogos dalgunhas das liñas de investigación que se están a desenvolver no Campus Terra da sede universitaria luguesa. A mocidade investigadora aproveitará este evento, promovido polo colectivo Agromar en colaboración coa USC, Deputación de Lugo e Concello de Lugo, para presentar en lingua galega e en intervención de apenas dez minutos, os seus respectivos ámbitos de traballo e proxectos de I+D. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado.

A segunda e derradeira quenda de monólogos científicos do DivúlgaT 2023 achega nove petiscos de investigación sobre temáticas moi dispares. Así, Javier Turienzo Riveiro abrirá as presentación co relatorio ‘A mobilidade do futuro ten que ser para todos’. A esta primeira exposición seguirán ‘Dígocho eu, ou cóntasmo ti’, de María Villar Lopez; ‘Viscoso, pero saboroso – parásitos mariños’ é o título do monólogo que ofrecerá Ana Saldaña Ruiz, a quen sucederán na palestra de intervención Carlos Herrero, co relato ‘Redes neuronais artificiais’, e Néstor Martínez Calabuig co monólogo ‘Moscas vs corzos, a gran batalla’.

O menú da derradeira sesión do DivúlgaT 2023, inclúe asemade as pílulas científicas ‘Algo máis que os mellores amigos do home?’, a cargo de Luciano Espino López; ‘Tipoloxías de gandarías de vacún de carne na Galiza’, de Cristian Mirás Varela; ‘Labrar a terra para curar a mente’, con Noelia Valiño Vázquez, e ‘Axente Dobre D: Licenza para parasitar’, a cargo de David García Dios.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.11.2023.