Pasar al contenido principal

Taller ‘Neuromarketing - NeuroAI: un cerebro para entendelos a todos’

30/11/2023 - 11.30 horas

O CEO de Neurologyca, Juan Graña, impartirá, a partir das 11.30 horas, no Salón de Graos do centro universitario lugués, a actividade formativa promovida pola catedrática de Comercialización e Investigación de Mercados da USC Belén Bande

Juan Graña
Juan Graña

O CEO de Neurologyca, unha empresa que centra a súa actividade no neuromarketing, Juan Graña, imparte este xoves, a partir das 11.30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, o obradoiro ‘Neuromarketing – NeuroAI: un cerebro para entendelos a todos’, unha actividade formativa dirixida ao alumnado, pero aberta tamén á participación de todo o público interesado que está organizada pola catedrática de Comercialización e Investigación de Mercados da USC na Facultade de ADE, Belén Bande.

A NeuroAI é unha sinerxía entre neurociencia e intelixencia artificial. Este enfoque innovador non sólo transforma a investigación de mercado e a comunicación, senón que tamén revoluciona a comprensión das preferencias dos consumidores. No ámbito do neuromarketing, NeuroAI vai máis alá para afondar nos aspectos emocionais, cognitivos e condutuais das persoas.

Este novo enfoque, indica Juan Graña, non só diminúe o sesgo inherente á investigación de mercado, senón que tamén ofrece unha visión máis precisa e detallada das preferencias dos consumidores e das respostas emocionais. A personalización das estratexias de mercadotecnia acada un nivel sen precedentes, xa que NeuroAI desbloquea información valiosa para adaptar mensaxes e campañas de forma máis eficaz.

Deste xeito, NeuroAI redefine unha nova converxencia entre a neurociencia e a intelixencia artificial ao ofrecer unha comprensión máis profunda e precisa da psicoloxía do consumidor.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.11.2023.