Pasar al contenido principal

Xornada técnica

Experiencias profesionais de saúde mental desde a perspectiva socioeducativa

14.12.2023 | 09.00h-14.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

No evento presentarase o novo número da 'Revista Galega de Educación'

Detalle do cartel da xornada
Detalle do cartel da xornada

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur acubilla este xoves 14 de decembro unha xornada técnica que leva por título 'Experiencias profesionais de saúde mental desde a perspectiva socioeducativa' e que se desenvolverá desde as 9.00 horas ata as 14.30 horas.

No evento, organizado pola USC e polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, interveñen por parte da USC Antonio Rial Boubeta e Jesús García Álvarez e por Nova Escola Galega Manuel Armas Castro. Así mesmo participan representantes das seguintes entidades: Agadea Alzheimer, Fundación Érguete, Aseia, DOA Saúde Mental, TactoContacto, Feafes, Lenda Saúde Mental e Aliad Ultreia.

No marco da xornada presentarase o novo número da 'Revista Galega de Educación', dedicado á saúde mental.  A inscrición no evento é de balde e entregarase un diploma de aproveitamento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.12.2023.