Pasar al contenido principal

Ciclo Pasados Históricos de HISTAGRA

Reflexións ao redor dos traballos en Galicia en aplicación do Plan de Memoria Democrática 2021-2024

13.12.2023 | 18.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Aula 8

Na mesa presentaranse unhas primeiras conclusións do traballo realizado e tamén un avance do que queda por facer

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

Este mércores 13 ás 18.00 horas terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia a mesa redonda 'Reflexións ao redor dos traballos desenvoltos en Galicia en aplicación do Plan de Memoria Democrática 2021-2024' na que participarán integrantes do Equipo Plan Memoria Democrática de Galicia: Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho, Conchi López Sánchez, José Carlos Sánchez Pardo, Fernando Serrulla Rech e Ana Mosquera Miguel.

En agosto de 2021 asinouse entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, o convenio de colaboración para poñer en marcha o Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, seguindo o impulso da Secretaría de Estado de Memoria Democrática. A través desta iniciativa procedeuse á exhumación de diferentes fosas da violencia franquista en Galicia. O equipo formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas traballa na investigación sobre o pasado de violencia en Galicia, coa experiencia anterior do proxecto www.nomesevoces.net.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.12.2023.