Pasar al contenido principal

Cousas que trouxo a chuvia, da Aula de Teatro da USC, mellor espectáculo do festival internacional da Beira Interior de Portugal

A Aula de Teatro da USC volve colectar o premio ao Mellor Espectáculo no Festival da Beira Interior. Foto: Aula de Teatro
A Aula de Teatro da USC volve colectar o premio ao Mellor Espectáculo no Festival da Beira Interior. Foto: Aula de Teatro

Como xa sucedera en 2015 e 2016, a Aula de Teatro da USC volveu colectar en 2017 un novo premio do Festival Internacional de Teatro Universitario da Beira Interior, considerado o máis antigo de Portugal que se realiza de xeito ininterrompido e que este ano alcanzou a súa vixésimo primeira edición.

Nesta ocasión, o xurado outorgou o premio do xurado ao Mellor Espectáculo ex aequo para a produción Cousas que trouxo a chuvia da USC, baixo a dirección de Roberto Salgueiro, e para Lorca en la Suite de los Espejos, do grupo de teatro e danza da Universidade de Granada dirixido por Rafael Ruiz. No Teatro Municipal da Covilhã, entre os días 14 e 27, déronse cita varios grupos universitarios e profesionais de diversos países, entre eles España, Brasil e por vez primeira Romanía.

Cousas que trouxo a chuvia é unha obra escrita e dirixida por Roberto Salgueiro e estreada a finais do pasado ano en Compostela. O relato desenvólvese arredor dunha mesa de amasar nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover. Tres mulleres, contan historias cotiás sobre os veráns da infancia no campo: un pai ausente, unha nai que amasaba, a seriedade dunha profesora de ballet ou a fábrica na que se traballaba de sol a sol. Poñen voz a esta historia Lara Pouso, Carmen Tomás e Alba López, acompañadas de Julia Ammerman ao piano.

O relato desenvólvese arredor dunha mesa de amasar nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover. Foto: Aula de Teatro

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.03.2017.