
Lista de denominacións permite acceder unhas 200 fichas de bUSCatermos que describen conceptos relacionados coa pandemia da COVID-19 nas súas vertentes sanitaria e epidemiolóxica.
Esta lista de denominacións permite acceder unhas 200 fichas de bUSCatermos que describen conceptos relacionados coa pandemia da COVID-19 nas súas vertentes sanitaria e epidemiolóxica. Cada unha delas recolle, como mínimo, a definición do concepto, os nomes polos que é coñecido en galego, español e inglés, e a área ou áreas temáticas en que pode inscribirse.
Se quere buscar unha expresión concreta en galego de entre a lista de denominacións, pode facelo empregando o buscador integrado no seu navegador (Control+F).
Se quere buscar unha palabra ou expresión noutro idioma, debe facelo directamente a través da interface de bUSCatermos. Se precisa axuda á hora de buscar e interpretar a información que lle ofrece bUSCatermos, pode acudir a este vídeo explicativo.
Referencias
As principais fontes que empregamos para seleccionar os conceptos básicos e determinar os equivalentes noutras linguas foron:
- COVID-19 multilingual terminology (Interactive Terminology for Europe -IATE-)
- Terminologia de la COVID-19 (Termcat)
- Fiches et articles en lien avec la COVID-19 (Offfice québécois de la langue française)
- Glosario de covid-19 (EN-ES). (Tremédica-Cosnautas)
Créditos
Elaboración e edición: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (CC-BY-SA 4.0).
Imaxe de cabeceira adaptada a partir desta (Autoría: scientificanimations.com, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons)
Como citar este traballo: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (2020). Termos esenciais da COVID-19. Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela. [En liña]; https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/ferramentas/termos-esenciais-covid-19 [Consulta: xx/xx/xxxx]
aplicación de rastrexo de contactos
contaxiador asintomático, contaxiadora asintomática
equipamento de protección individual
erradicación dunha enfermidade
expediente de regulación temporal de emprego
limitación da liberdade de circulación
medida de protección individual
osixenación por membrana extracorpórea
pneumonía intersticial bilateral
síndrome de desconforto respiratorio no adulto
síndrome respiratoria aguda grave
síndrome respiratoria por coronavirus do Oriente Medio
supercontaxiador, supercontaxiadora
terapia con plasma de convalecentes
traballador esencial, traballadora esencial
unidade de coidados intensivos