Pasar al contenido principal

Mesa redonda 'Os estudos universitarios, un valor engadido para o deporte de alto nivel'

20.12.2023 | 19.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Cinco deportistas explican a súa experiencia combinando os estudos superiores coas competicións deportivas

Cartel que anuncia a mesa redonda
Cartel que anuncia a mesa redonda

A mesa redonda 'Os estudos universitarios, un valor engadido para o deporte de alto nivel' desenvólvese o mércores 20 de decembro a partir das 19.30 horas no Salón de Actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso, no Campus Sur. Interveñen na mesa a presidenta da Federación Galega de Squash e graduada en Educación Infantil pola USC Catuxa Codesido Pérez; o seleccionador español de squash e licenciado en Xornalismo pola USC Borja Golán Santín; o subcampión de España 2023 de squash e licenciado en Psicoloxía pola USC Pascal Gómez Valois; a número 3 de Chile en squash e licenciada en Enxeñería con Economía, Camila Gallegos Vega e o número 18 do mundo e número 1 de España en squash e licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Iker Pajares Bernabeu.

O evento está aberto á comunidade universitaria, integrantes de federacións deportivas galegas, clubs deportivos e outros colectivos e persoas con interese na materia. A entrada é libre ata completar a capacidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.12.2023.