- Entidad
- USC
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

A USC convoca axudas de mobilidade a universidades europeas ao abeiro do Programa Erasmus+ dirixidas ao estudantado da USC matriculado nun grao, dobre grao ou máster oficial de máis de 60 créditos ECTS.
Para obter orientación durante o proceso, pódese pedir asesoramento a responsables académicos/as de mobilidade (RAM) e coordinadores/as académicos/as de Erasmus de cada centro. O enderezo electrónico de contacto xeral é: erasmus [at] usc.gal (erasmus[at]usc[dot]gal)
O procedemento de selección estrutúrase en dúas fases:
- na primeira compróbase a elixibilidade das persoas candidatas por cumprir os requisitos e
- na segunda os centros asignan un destino ao alumnado, segundo o expediente académico, os coñecementos lingüísticos acreditados ou a adecuación ao programa ou convenio de intercambio.
A adxudicación da praza de mobilidade na USC non implica que a persoa solicitante sexa necesariamente aceptada na institución de destino.