Pasar al contenido principal

Xornada sobre asesoramento para busca de emprego e prácticas na Aula e-Terra da Biblioteca Intercentros

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
As persoas interesadas en participar na sesión formativa que se desenvolverá o mércores 29 poden inscribirse de balde no enderezo electrónico emprego.lugo@usc.es

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, a través da Área de Orientación e Inserción Laboral, celebra o mércores 29 de marzo, de 10.00 a 13.00 hors, na Aula e-Terra da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo, unha xornada sobre asesoramento para busca de emprego e prácticas, unha acción incluída no marco do programa de empregabilidade do Campus Terra da USC promovido pola Vicerreitoría de Servizos Universitarios do campus lugués.

O programa da xornada inclúe un amplo abano de temas que abranguen desde a planificación da carreira profesional, marketing persoal, método para a busca de emprego e prácticas, emprego na web, oportunidades de prácticas en formación en Europa, fontes de información, bolsas, prácticas profesionais... A elaboración dun currículo, os perfís en LinKedin do traballador 2.0, os procesos de selección de persoal e o perfil universitario que demandan as empresas, serán outros dos asuntos a tratar nesta xornada.

As persoas interesadas en participar nesta sesión formativa poden inscribirse de xeito gratuíto a través do enderezo de correo electrónico emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es). O número de prazas é limitado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2017.