Pasar al contenido principal

Xornada 'Transferencia de coñecemento. Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas. Experiencias e programas de dinamización'

15.01.2024 | 11.00h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

A xornada desenvólvese no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
A xornada desenvólvese no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Este luns 15 de xaneiro desenvolverase a partir das 11.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC a Xornada 'Transferencia de coñecemento. Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas. Experiencias e programas de dinamización', organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE).

A investigación en Ciencias Sociais, Humanas Xurídicas e Artísticas é xeradora de coñecemento con potencial de cambio social e desenvolvemento económico e a xornada enmárcase nun programa que ten como obxectivo estimular os procesos de transferencia de coñecemento á sociedade a través de accións que faciliten a implicación doutros axentes sociais e económicos no uso e rendibilización dese coñecemento.

A xornada, que será inaugurada polo reitor Antonio López, contará coa presenza de relatores das universidades de Oxford, Carlos III de Madrid, Oberta de Catalunya, València e Santiago de Compostela, que presentaran distintos programas para a fomento da transferencia en diferentes s áreas de coñecemento, así como experiencias de transferencia e implementación de coñecemento universitario con impacto social e económico. Tamén haberá un relatorio sobre 'Valoración social dos coñecementos en Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas. Evidencias do Sexenio de Transferencia'. O evento rematará cunha sesión de intercambio e networking entre as persoas asistentes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.01.2024.