- Entidad
- Consellería Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

A Consellería Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024.
Requisitos
- Alumnado matriculado no curso 2023/24 como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2023, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
- O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas.
- O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelán e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
- Queda excluído desta convocatoria:
- O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
- O alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a estadía no seu país de orixe ou nalgún do cal é nacional.
Dotación
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de:
- 1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa.
- 1.500 euros para estadías no resto do mundo.
Duración
Mínimo tres semanas, no período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2024.