07.02.2024 | 16.00h-18.00h

O profesor da Universidade de Coímbra e do Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa Luís Rêpas ofrece este mércores 7 de febreiro de 16.00 a 18.00 horas un seminario na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia co título 'Mulleres con poder: abadesas e monxas cistercienses en Portugal'.
