Pasar al contenido principal

A Aula de Teatro representará Cousas que trouxo a chuvia na Coruña, Lugo, Vigo e Covilha

A primeira cita deste percorrido será Vigo o luns 6. Foto: Aula de Teatro da USC
A primeira cita deste percorrido será Vigo o luns 6. Foto: Aula de Teatro da USC

A Aula de Teatro representará a súa última produción ‘Cousas que trouxo a chuvia’ ao longo de marzo en diversas cidades galegas e en Portugal. O punto de partida deste percorrido será a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo, onde a compañía universitaria representará o vindeiro luns 6 a partir das 19.30 horas.

O Forum Metropolitano da Coruña, o martes 14 a partir das 20.00 horas e o mércores 22 no Teatro Municipal de Covilha en Portugal serán as seguintes citas, para concluír o luns 27 coa representación que farán no Auditorio Gustavo Freire ás 21.00 horas.

Cousas que trouxo a chuvia é unha obra escrita e dirixida por Roberto Salgueiro e estreada a finais do pasado ano en Compostela. O relato desenvólvese arredor dunha mesa de amasar nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover. Tres mulleres, contan historias cotiás sobre os veráns da infancia no campo: un pai ausente, unha nai que amasaba, a seriedade dunha profesora de ballet ou a fábrica na que se traballaba de sol a sol. Poñen voz a esta historia Lara Pouso, Carmen Tomás e Alba López, acompañadas de Julia Ammerman ao piano.

O relato desenvólvese arredor dunha mesa de amasar nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover. Foto: Aula de Teatro da USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.03.2017.