Pasar al contenido principal

CineFilo: curtametraxes de Maya Deren

06.02.2024 | 17.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

O martes 6 de febreiro ten lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía a segunda sesión da terceira edición de CineFilo, o club de cinema da facultade, que celebra xa o seu primeiro ano de vida. Nesta ocasión proxéctanse dúas curtametraxes de Maya Deren, considerada na actualidade como a principal figura no cinema underground estadounidense, en particular, e na vangarda cinematográfica do século XX, en xeral. A súa obra, que se desenvolveu principalmente na década de 1940 e 1950, deixou unha significativa pegada e influíu no desenvolvemento de teorías cinematográficas innovadoras e no cinema de autores da talla de Stan Brakhage, Kenneth Anger, David Lynch, Andrei Tarkovski ou Jonas Mekas.

 

Cartel da sesión de CineFilo do 6 de febreiro
Cartel da sesión de CineFilo do 6 de febreiro
Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.02.2024.