08.02.2024 | 12.30h-14.30h

O profesor Carlos Baliñas, quen foi decano da Filosofía nos períodos 1975-76 e 1978-1981, ofrece este xoves 8 de febreiro unha conferencia sobre a creación da Facultade, que impartirá no Salón de Actos da mesma desde as 12.30 horas. A conferencia é parte dos actos de conmemoración dos 50 anos da Facultade de Filosofía e dos estudos de filosofía en Galicia.