Pasar al contenido principal

Volven as andainas lingüísticas do Centro de Linguas Modernas

Imaxe dunha andaina do curso pasado
Imaxe dunha andaina do curso pasado
Ao inglés, suman este ano galego, francés e italiano

Tras o éxito do pasado ano acadado polas andainas lingüísticas en inglés, o Centro de Linguas Modernas da USC recupera esa iniciativa ampliando os idiomas a galego, francés e italiano e coa colaboración do Servizo de Deportes.

De carácter gratuíto aínda que con inscrición previa, estas andainas ofrecen unha inmersión lingüística simulada, unha práctica oral da lingua que estudan. Acompañados ás veces de profesorado do CLM, convidarase tamén a estudantes estranxeiros que poderán así apoiar as persoas que estudan a súa lingua materna. Trátase de levar a actividade do Café de linguas á rúa e combinar a práctica do idioma cun lixeiro exercicio físico, co valor engadido de profundar no coñecemento de Santiago e arredores.

Neste mes de marzo xa hai tres andainas previstas: a primeira, en inglés, o día 21; unha segunda en italiano o 22, e o 28 en francés. Inglés e italiano serán os idiomas de abril e para maio os paseos serán en galego (polo Monte Pedroso) e inglés.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2017.