Pasar al contenido principal

Exposición

'Luces de Alén Mar'

08.02.2024-29.02.2024

Santiago de Compostela
Campus Sur

Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite

Este xoves 8 de febreiro ás 12.00 horas inaugúrase no módulo A da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur a exposición 'Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia', cun acto no que intervirán a académica da RAG e presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e Vicente Peña, profesor da Facultade ao que se debe esta exposición arredor dun tema esencial na historia da educación en Galicia e no que centrou a súa tarefa investigadora. Tras a inauguración haberá unha conferencia de Vicente Peña no Salón de Actos.

Poñer en valor a achega da emigración galega á xeración dunha rede escolar na xeografía galega que paliase as necesidades e carencias que se atopaban na raíz do fenómeno migratorio é o eixo sobre o que se asenta a mostra, promovida polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. A exposición subliña, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos e das emigrantes.

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega traballa dende os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos legados das persoas emigrantes galegas. Presta  atención ás accións solidarias e altruístas daqueles que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas facilitadoras da escolarización e da instrución. “Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes”, explican.

Cartel da mostra
Cartel da mostra
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2024.