Pasar al contenido principal

Conmemoración do patrón da Facultade de Psicoloxía

22.02.2024 | 12.00h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O reitor Antonio López preside este xoves 22 de febreiro o acto institucional

Facultade de Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite

A conmemoración do patrón da Facultade de Psicoloxía, o filósofo e médico Juan Huarte de San Juan, terá lugar este xoves 22 de febreiro a partir das 12.00 horas, cun acto institucional que se desenvolverá no Salón de Actos do centro e que abrirá o reitor da USC, Antonio López. A continuación interveñen a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez Prada e a decana da Facultade de Psicoloxía., María José Sampedro Vizcaya. A seguir falará o conferenciante invitado, Luis Fernando López Martínez, psicólogo xeral sanitario, codirector xeral ISNISS do Programa de Doutoramento de Psicoloxía da Saúde da UNED e investigador de condutas autolesivas e suicidas en contornos dixitais; a súa conferencia leva por título 'Conducta suicida e autolesións. Retos e desafíos en saúde mental na era dixital'. Presenta o conferenciante Ana López Durán.

Deseguido entregaráselles insignia e diploma a estudantes de premio extraordinario de grao e mestrado dos cursos anteriores, realizando o chamamento a secretaria académica da Facultade, Dolores Ponte, e entregando o diploma e a insignia o reitor, quen logo terá a intervención de clausura do acto.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2024.