Pasar al contenido principal

Presentación do libro de Lillias Hamilton 'La hija del visir'

04.03.2024 | 19.30h-21.00h

Hotel Araguaney - Sala Rahid
Santiago de Compostela

Cartel do evento
Cartel do evento

A Sala Rahid do Hotel Araguaney en Santiago de Compostela é o escenario da presentación este luns 4 de marzo a partir das 19.30 horas do libro La hija del visir, de Lillias Hamilton, doutora e escritora británica (1858-1925), quen exerceu como doutora na corte do emir Abdur Rahman Khan en Afganistán na década de 1890.

A novela está publicada pola Editorial La Luz del Flexo, fundada no Grove por Sonia Bernárdez e o doutor en Historia pola USC Bruno Padín. Presentan o volume o filósofo Manuel Cruz Rodríguez, ex presidente do Senado e senador, e a tradutora, filóloga e refuxiada afgá Rahila Raya. O evento está organizado pola Asociación Arraianas e a Fundación Araguaney, as dúas con sede en Santiago de Compostela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2024.